Fixen este escenario hai uns meses xa, pero o subo agora aproveitando que é o Día das Letras Galegas. Espero que vos guste!
Galiza é un pouco como o Dark Souls de España.
Temos peleas de anciáns a navalladas, clanes de narcotráfico, carreiras de Fórmula 20, duelos a morte por mover dous centímetros as lindes da finca e a nosa cultura culinaria está composta na súa maioría por cousas que matarían de medo a Lovecraft.
Agora vós tamén podedes vivir a adrenalina de ser galego con este escenario de Fiasco e aforrarvos a viaxe á nosa terra. Ou non. Pero se vindes, vinde con coidado e nin se vos ocurra conducir por Vigo.
Price:
$0.00
Rating:
0.00 (from 0 reviews)